ASOCIACIÓN NÓS MESMAS

Pola loita das mulleres lesbianas, bisexuais, persoas trans e non binarias

obxectivo

O obxectivo da Asociación Nós Mesmas é mellorar as condicións de vida das persoas LGTBI+ e, especialmente, das mulleres lesbianas, bisexuais e persoas trans en situación de vulnerabilidade.

Traballamos polo seu empoderamento social e político mediante a sensibilización, a denuncia, a acción educativa e a visibilidade, co fin de ser unha ferramenta efectiva para xerar un cambio positivo no colectivo.

Algúns dos nosos servizos

ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS

  • Comezamos unha nova etapa: Benvidas á nova web de NÓS MESMAS En NÓS MESMAS estamos de mudanza.A partir de agora, a nosa web será o espazo principal desde o que compartir novas, actividades e contidos da asociación. Durante moitos anos, o blog de Blogger de NÓS MESMAS foi unha ferramenta fundamental para comunicar, informar e

ÚNETE Á CAUSA

En Nós Mesmas precisamos do apoio de persoas comprometidas coa igualdade e a diversidade. Cada xesto suma: xa sexa ofrecendo o teu tempo como activista, como voluntaria ou colaborando cunha doazón, axúdasnos a manter vivos os nosos programas e actividades.