ASOCIACIÓN NÓS MESMAS

Pola loita das mulleres lesbianas, bisexuais, persoas trans e non binarias

obxectivo

O obxectivo da Asociación Nós Mesmas é mellorar as condicións de vida das persoas LGTBI+ e, especialmente, das mulleres lesbianas, bisexuais e persoas trans en situación de vulnerabilidade.

Traballamos polo seu empoderamento social e político mediante a sensibilización, a denuncia, a acción educativa e a visibilidade, co fin de ser unha ferramenta efectiva para xerar un cambio positivo no colectivo.

Algúns dos nosos servizos

ÚLTIMAS PUBLICACIÓNS

  • O programa da Presidenta Bollera: Todo o que precisas saber sobre o Festival LBTIQ+   Cultura radical, visibilidade e vicio do bo o vindeiro 25 de abril na Morada (Vigo) Por fin sae á luz o segredo mellor gardado! Se pensabas que os programas electorais eran aburridos, é porque nunca lerás un escrito por bolleras,

  • BOLLERA FERNÁNDEZ TRAVELA PRESIDENTA: Ocupamos o poder no II Festival Cultural LBTIQ+   Vigo, 25 de abril de 2026 – Xa abonda de pedir permiso. Se a política institucional se converteu nun circo de machismo rancio e lgtbifobia sen filtros, en Nós Mesmas decidimos presentar a nosa propia candidatura. Non buscamos votos, buscamos vicio, cultura

  • ¡Fóra armarios, a pista é nosa! Únete ao I Torneo de Pádel e Xantar pola Visibilidade Lésbica Con motivo do Día da Visibilidade Lésbica (que celebramos o 26 de abril), dende a Asociación Nós Mesmas estamos a organizar unha xornada moi especial para facer rede, visibilizarnos e, sobre todo, pasar un día de moita diversión

  • Construíndo refuxios onde as institucións calan: o impacto de “+ Visibles, – Violencias” en Galicia Desde hai seis meses, na Asociación Nós Mesmas estamos a desenvolver un proxecto que non só é unha declaración de intencións, senón unha resposta de emerxencia: + Visibles, – Violencias: Visibilidade e transformación colectiva. Este programa nace dunha certeza incómoda: a

ÚNETE Á CAUSA

En Nós Mesmas precisamos do apoio de persoas comprometidas coa igualdade e a diversidade. Cada xesto suma: xa sexa ofrecendo o teu tempo como activista, como voluntaria ou colaborando cunha doazón, axúdasnos a manter vivos os nosos programas e actividades.