PRECISAMOS DE TI PARA CONTINUAR
Asóciate e forma parte de Nós Mesmas. Grazas ás cotas facemos posible o acompañamento a persoas LGTBI+, a formación en centros educativos, o asesoramento xurídico e psicolóxico, e a organización de actividades abertas á comunidade. Cada achega, grande ou pequena, ten impacto real.
Como funciona?
1. Cubre o formulario (2–3 minutos) e envía a solicitude.
2. Realiza o pago: transferencia programada anual ou PayPal/tarxeta.
3. Recibirás confirmación no teu correo.
FORMULARIO
transferencia bancaria
IBAN: ES50 0049 1788 26 2390013927 · Beneficiaria: Asociación Nós Mesmas
Concepto: Cota anual + Nome e apelidos
Para a túa comodidade, podes programar unha transferencia anual na app do teu banco (repetición cada 12 meses).
Se o prefires, tamén podes facela puntualmente cada ano. Non empregamos domiciliación para manter as cotas baixas.
Se queres, envíanos o xustificante a nosmesmas@felgtbi.org.
paypal / tarjeta de crédito
Paga co teu PayPal ou coa túa tarxeta sen crear conta (a través de PayPal).
-
Se escolliches 5 € mensuais, faino por PayPal (opción mensual).
-
Para cotas anuais (25/35/60 €), podes pagar por PayPal ou directamente con tarxeta.
-
Despois se queres podes enviar un email para que te confirmemos a recepción do pago a nosmesmas@felgtbi.org.
Facerme socia foi a maneira de lle devolver a Nós Mesmas todo o que me deu cando, hai anos, buscaba xente coa miña orientación. Grazas á asociación descubrín unha rede marabillosa e aínda hoxe conservo amizades daquela época.
Hoxe admiro o seu traballo: ter a Nós Mesmas é unha garantía e un respaldo; loitan por nós e merecen o noso apoio para que a súa voz chegue máis lonxe e poidan axudar a máis persoas.
Agradecer, apoiar e loitar: ese é o noso deber para dotar as novas xeracións de ferramentas nun mundo cambiante, no que non podemos dar por feitos os nosos dereitos.
Cheguei por unha dúbida legal e marchei cun plan, citas concertadas e a sensación de non estar soa. En Nós Mesmas atopei profesionais que acompañan, actividades que dan marcos para entendernos e espazos seguros nos que poder falar sen medo.
Gústame a súa transparencia: contas claras, memorias públicas e decisións tomadas en asemblea. Ser socia significa participar e construír: propoñer obradoiros, sumar no voluntariado, abrir portas nos centros e no barrio.
Quero unha cidade na que a diversidade teña voz todos os días, non só nas datas sinaladas. Por iso apoio a Nós Mesmas: porque o que fan transfórmase en cambios reais na vida da xente.
Coñecín Nós Mesmas nunha charla no meu concello: viñeron ao rural cando ninguén máis o facía. Falamos de identidade, saúde mental e recursos para familias, con palabras claras e sen xuízos.
O que máis valoro é a mirada interseccional: non todas partimos do mesmo lugar; hai quen chega con precariedade, con discapacidade ou sen rede. Aquí ninguén queda fóra: hai cota reducida e mesmo 0 € se o precisas, e iso cambia a vida.
Ademais da atención, hai formacións, grupos de apoio e materiais online que me acompañan no día a día. Fágome socia porque quero servizos próximos e accesibles e porque sei que cada achega convértese en accións útiles para máis persoas.
MOITISIMAS GRAZAS
Moitas grazas a todas as persoas que sodes socias —e ás que o fuches nalgún momento— por apoiar o noso labor. Co voso impulso sostemos o acompañamento, a defensa dos dereitos e as actividades que fan comunidade.
Aínda queda moito por facer: seguir avanzando en igualdade, combater a LGTBIfobia e chegar a máis barrios e concellos. Contamos contigo para seguir abrindo camiño. 🌈💜
